Aquí podedes atopar material que vos axude a ampliar os vosos coñecementos sobre a Terra, material para facer traballos, e o mesmo tempo atoparedes respotas a preguntas como: "Cal é a causa das estacións? E do día e a noite?", "Cal é a causa das mareas? E das eclipses?", "Cales son as capas da Terra?", "En que capa da Terra se encontran os recursos natuirais?"... ESPERO QUE VOS SIRVA DE AXUDA.


Manuel Ramos Iglesias






miércoles, 1 de agosto de 2007

Anoitecer en Marte



Tódolos pioneiros que nos precederon distinguíronse por acender por primeira vez un lume nalgún horizonte, nalgún lugar onde nunca se rompera a noite a non ser polo raio dunha tormanta. Aquí vemos un Sol minúsculo no momento xusto de desaparecer detras do horizonte, un Sol moi ténue que parece comprender que non é benvido nesa paisaxe dominada polas leis do salvaxe. A imaxe corresponde a unha posta de Sol en Marte, un mundo ao que aínda non chegaron os pioneiros, solo os seus ollos en forma de máquinas. Máquinas impulsadas pola luz do lonxano Sol e, polo tanto, condenadas a morrer tódalas noites. Marte é un mundo no que a noite segue sendo un territorio de espritos dos que nin sequera temos noticia, dos que tan siquera temos unha lenda, pero que deben estar aí: bailando entre os volcáns que case tocan o ceo, entre cañóns inmensos, entre enormes e apagados cauces fluviais polos que quizais nun pasado lonxano correron cantidades inimaxinables de auga.
Marte é o futuro e pode selo de dúas formas. Algúns din que todo o que sucedeu e sucederá na Terra xa pasou en Marte, polo que ese planeta é unha inquedante forma de avisarnos que o destino existe e que os nosos pensamentos e esforzos non valen máis cos reflexos dun animal. Para outros Marte é o futuro porque é o horizonte próximo ao que teñen que chegar os pioneiros, ante o esgotamento dos territorios virxes na Terra. Estes pioneiros chegarán a ese mundo frío para fecundalo, como espermatozoides lanzados contra un gran óvulo. O día que pase eso unha luz acenderase na noite marciana e xa nunca xamais será o que é. Ese día os espritos marcianos mirarán aos pioneiros cunha mirada chea de tristeza.